Complexo Residencial Victoria
O Complexo Residencial Victoria está situado a 10 minutos de Santiago de Compostela, concretamente sito no Concello de Teo, emprazado en plena natureza, no seu contomo predominan amplos xardíns e zonas verdes, que transmiten unha cálida sensación de paz, tranquilidade e Iiberdade.
O noso centro conta co Permiso de Inicio de Actividades dende o 2009, dende entón evolucionamos e adaptámonos as novas necesidades da sociedade. No 2019 realizamos unha ampliación do centro e na actualidade contamos con 58 prazas residenciais.
O noso fin é ofrecer un modelo de atención de calidade basado nun trato humano, persoal e profesional, que garanta a dignidade de cada persoa maior e ofreza benestar e calidade en cada etapa do envellecemento.
Equipo humano
No noso fogar estamos especializados na atención e coidado de persoas maiores e garantimos un alto nivel de comodidade e benestar aos 58 residentes que residente no centro.
Dispoñemos dun equipo humano interdisciplinar que traballa en base ao respeto, a empatía, a responsabilidade e a profesionalidade.
O noso obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas residentes, para elo, levamos a cabo iniciativas que esimulan as capacidades cognitivas, físicas e sensoriais.
Política de calidade
O “Complexo Residencial Victoria” é un centro residencial para persoas maiores. Un dos principais obxectivos a acadar é aumentar a lonxevidade así como a calidade de vida durante esta etapa, optimizando as oportunidades de benestar físico, social e mental. Por elo, a nosa meta fundamental é acadar unha mellor calidade de vida nesta etapa, procurando a máxima satisfacción da persoa maior, promovendo un envellecemento activo e saudable e ofrecendo unha atención integral e centrada na persoa a cal posibilite a atención personalizada que dende este centro podemos ofrecer.
Para iso, a dirección do centro xunto co persoal da organización, directrices encaminadas a mellora da empresa para así ofrecer aos nosos clientes a mellor calidade e servizo das nosas instalacións.
O alcance do Sistema de Xestión implantado conforme as normas internacionais UNE EN ISO 9001:2015 e UNE 158101, é o seguinte:
“Servicios residenciales e sociosanitarios para persoas maiores, que inclúe: Servizos xerais (aloxamento, manutención, limpeza, lavandería), Servicios sanitarios (médico, enfermería, rehabilitación e fisioterapia, piscina terapéutica - hidroterapia, asistencia farmacéutica), Servicios psicosociais (psicoloxía individualizada e grupal, apoio ás familias, atención socio - familiar, traballador social, animación sociocultural) e Servicios complementarios (perruquería) “
Neste senso a empresa comprométese a implantación dun Sistema de Xestión de Calidade segundo as seguintes directrices:
- Coñecer, analizar e satisfacer as necesidades e expectativas dos seus clientes, para lograr así relacións estables e duradeiras con actuais e novos clientes.
- Ofrecer un hábitat seguro, accesible e adaptado as necesidades funcionais das persoas usuarias nun ambiente confortable.
- Promover a autonomía persoal, mellorar a calidade de vida, o benestar subxectivo e a satisfacción, favorecendo a autoestima, o desenvolvemento persoal e a inclusión social da persoa usuaria no entorno.
- Prestar a atención necesaria ás persoas usuarias segundo a súa necesidade de apoio.
- Promover as boas prácticas de dirección de persoas e a implicación e participación dos profesionais na mellora do servizo.
- Cumprir coa lexislación vixente que sexa de aplicación, así como cos requisitos establecidos e mellorar continuamente a eficacia do sistema de xestión da calidade.
- A definición do marco axeitado para establecer e revisar os obxectivos e metas do sistema de xestión de calidade.
- Dispoñer de infraestructura axeitada e persoal debidamente formado.
- Proporcionar unha convivencia armoniosa entre as persoas usuarias e o persoal en interrelación co entorno comunitario, respetando a intimidade e privacidade individuais.
Así mesmo, facemos partícipes a todo o persoal dos compromisos adquiridos trasmitíndolles a importancia da colaboración de todos e cada un de eles.
En Teo, 16 de Abril do 2021
A Direción